ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco usará un herbicida natural a base de vinagre

Aplicarase ácido acético (vinagre) para a eliminación de malas herbas en diferentes zonas do municipio

 

Maleza nunha zona barquense.

Nas vindeiras semanas o Concello do Barco recurrirá á aplicación de ácido acético (vinagre) para a eliminación de malas herbas en diferentes zonas do municipio. A proposta foi presentada o 5 de xuño polo alcalde, Alfredo García, na reunión celebrada pola comisión municipal de Obras, e a idea é que, a partir deste momento, se utilice só este produto para a maleza.

O ácido acético concentrado é un “produto natural, non é tóxico, e está considerado un herbicida orgánico apto para a agricultura ecolóxica. Está especialmente indicado para o seu uso en zonas nas que hai una gran cantidade de afluencia de persoas, como os parques e xardíns urbanos, xa que ten una toxicidade nula. Unicamente pode provocar un olor algo forte durante tres ou catro horas, o que pode resultar algo desagradable para as persoas e mascotas, pero non é agresivo nin tóxico”, informan dende o Concello do Barco.

Tamén se empregará vinagre para evitar a proliferación de herbas en beirarrúas. “Se os resultados son positivos, a súa utilización estenderase ás marxes das vías, como tratamento preventivo tras os traballos de desbroce”, engaden dende a Administración local.

Ademais matízase que o  produto que se vai a empezar a usar no casco urbano ten unha concentración do 20% , fronte ao 5% do vinagre de uso doméstico. “O ácido acético ao 20% é un produto ecolóxico e biodegradable, que se está utilizando como herbicida de contacto en varias cidades de España, con resultados positivos”, destácase dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button