En portadaÚltima hora

O Concello do Bolo agasalla ao primeiro bebé galego do 2020, natural de Chandoiro

O alcalde Manuel Corzo entregáballe un detalle a Iago a e aos seus pais neste 4 de xaneiro

 

Ten tan só catro días de vida. Iago, natural de Chandoiro (O Bolo), convertíase no primeiro bebé galego neste ano 2020. Nacía no Hospital Comarcal Valdeorras do Barco ás 00:15h. do 1 de xaneiro. Agora, xunto coa súa nai, Elena, e o seu pai, Roberto, xa está na casa familiar en Chandoiro.

Nela recibían na mañá do 4 de xaneiro a visita do alcalde do Bolo, Manuel Corzo, que lles entregaba un agasallo en nome do Concello. “Para min é unha alegría que un chandoirés, un bolés,  un valdeorrés fose o primeiro bebé galego en nacer no 2020, iso é algo moi meritorio e que non sei se se poderá volver a repetir”, dicía con satisfacción Manuel Corzo.

 

 

Elena, a nai do meniño, que é enfermeira engadía que tamén ten unha parte verinesa. Ademais os pais do cativo destacaban o feito de que nacese nun hospital comarcal como é o do  Barco. “Polo que nos dixeron esta é a primeira vez que sucede isto no Hospital Comarcal Valdeorras”.

E defenden a importancia do hospital valdeorrés, así como do de Verín, “o que están facendo con eles é unha vergoña, estanlle quitando pouco a pouco os servizos. E parece que se aliñaron os astros para que este bebé nacese nun comarcal”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button