ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello Vello do Barco iluminarase de azul polo bicentenario da Policía Nacional

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

A Policía Nacional cumpre 200 anos en 2024, despois de que a súa creación (como Policía Xeral do Reino) se decidira por medio de unha Real Cédula do 13 de xaneiro de 1824. Foi o primeiro corpo
policial con dimensión nacional coa función de «garantir o ben e a seguridade pública», segundo a Policía Nacional.

“Este fito histórico marcou a orixe do que hoxe coñecemos como a Policía de todos os españois, polo que esta data posúe sen dúbida unha gran relevancia para o devir do noso país. A Policía Nacional, que é o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España, evolucionou para e adaptarse a cada época, “forxando nese longo percorrido uns principios e valores moi sólidos, nados do esforzo, sacrificio e mesmo heroísmo dos seus integrantes”, di a Policía Nacional”, tal e como sinala o Concello do Barco.

O Bicentenario da Policía Nacional foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público e publicado como tal na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado. A fin de celebrar un fito tan importante, a Policía Nacional está a preparar un ambicioso programa de eventos e actividades, tanto institucionais como divulgativos, en todo o territorio nacional durante o ano 2024.

No caso do Concello do Barco, a Policía Nacional, que desde o ano pasado conta con oficina de documentación na poboación, solicitou a iluminación do Concello Vello de cor azul. O edificio será iluminado na noite do venres, 12 de xaneiro, e seguirá de cor azul toda a fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button