CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello Verín convoca un certame de poesía e outro de relato curto para alumnado dos centros da comarca

Enmárcanse na conmemoración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas. As bases poden consultarse na web desta administración local

 

O Concello de Verín vén de convocar unha nova edición do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, no marco da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas. No primeiro deles poderán participar Poderán participar persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín. Deberán presentar un poema orixinal e inédito, de temática e estilo libre que supere os 24 versos de extensión e escrito en galego.

“A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección unmáximo de 3 poemas, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías”, segundo as bases do concurso, nas que tamén se indica que “os poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a cultura@verin.gal, antes das 12 h do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán [Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO])”.

As persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros e, en cada “unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto”, citando novamente as bases.

Con respecto ao Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, ooderán participar nel persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín. O relato que se presente ao concurso deberá ser orixinal, inédito, con temática libre, escrito en galego, e a extensión non superará os 5500 caracteres (2 DIN A4, escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, marxes estándar (2 cm) e un entreliñado de espazo e medio).

Haberá tamén unha fase de preselección, que se realizará segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección unmáximo de 3 relatos, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías. Os relatos preseleccionados en cada centro enviaranse a cultura@verin.gal, antes das 12 h do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán [Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO]).

Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros. En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

Máis información:
http://verin.gal/

Artigos relacionados

Back to top button