A xornada deste sábado 20 de xullo, día central no SilFest Valdeorras, tiña reservadas as actuacións das bandas locais que deleitaron ao público en diferentes franxas horarias.
En aberto para toda a poboación nunha das novidades desta edición estaba o concerto da banda barquense El Patio de Leni que amenizaba a sesión vermú; e tamén a actuación da Macizas Centrais de Trives que poñían a nota tradicional ao xantar.
Pola tarde e xa só para o público con entrada era o turno doutra banda local, Mrs. Fine que actuaba no escenario principal. Recentemente formado por catro músicos valdeorreses, é outro dos grupos nacidos ao abeiro de Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, encargado de abrir oficialmente a sesión de concertos deste sábado.
Detrás dos barquenses subiranse ao escenario Vibra Mahou Las Odio, banda feminina de garaxe e post-punk. Despois actuará Carlos Ares e pasada a medianoite será o turno dos madrileños Sôber que chegan ao SilFest dentro da xira do 30º aniversario.
Fotos: O SIL.