EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos impulsando o emprendemento

Fotografía dos finalistas e gañadores da pasada edición./ Cedida.

 

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame. O concurso busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Nesta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:

• 1º Premio – 10.000 €
• 2º Premio – 6.000 €
• 3º Premio – 4.000 €

Do 1 de marzo ao 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 22 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:
• Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
• Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
• Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
• Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
• Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2024, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 26 de outubro do 2.024, nesa xornada presentaranse os proxectos no Parador de Turismo de Monforte de Lemos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

Artigos relacionados

Back to top button