Os afiadores, a súa historia, o seu oficio, as rodas coas que percorrían o mundo… Son os grandes protagonistas do V Congreso de Patrimonio Etnográdico que se está desenvolvendo na Facultade de Ciencias da Información de Ourense dende o venres 9 ata o luns 13 de outubro e que inclúe conferencias, mesas redondas, relatos de experiencias, proxeccións audiovisuais e visitas guiadas.
Estas dúas últimas actividades, levaban aos asistentes ata a comarca de Terras de Trives. Na noite do venres 10 de outubro, proxectábase no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, o documental de Aitor Rei “A última viaxe do afiador” contando cao presenza do propio director e dalgúns dos afiadores que aparecen no filme.
Ao día seguinte, sábado 11 de outubro, no mesmo Auditorio, a francesa Perrine Bertrand (filla do estudoso dos afiadores Bernard Bertrand) daba unha conferencia sobre “A cultura do afiado en Francia”.
O apartado de excursións, levaría aos congresistas ata o pobo de Arboiro en San Xoán de Río para visitar a Casa das Rodas, o museo en torno aos afiadores do etnógrado Florencio de Arboiro, con xantar íncluído na praza do pobo.
O congreso continuará o luns 13 de outubro con relatorios, mesas redondas, un acto de irmanamento e a clausura coa entrega de diplomas.
Máis infromación na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.