Mañá, sábado 14 de setembro será o Día do Cristo no Barco, cun completo e solemne programa relixioso na súa honra que terá na procesión o acto central, pero hoxe remataba a novena con outro solemne e musical acto.
Na tarde deste venres día 13, tralo último día de novena (presidido polo párroco de Manzaneda Carlos) a igrexa de San Mauro acollía a Ronda ao Nazareno, da man do coro parroquial “o coro de todos os días, de todas as celebracións”, dixo o párroco Jesús Álvarez, asegurando que lle pareceu o máis acertado que fose el quen puxese con todo o cariño e devoción o broche á novena, cantando ao Nazareno varias pezas en castelán e tamén en galego.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.