
As voces do Coro Santa Rita do Barco soarán durante a celebración do Corpus en Viana do Bolo. Así esta agrupación musical, que dirixe Silvina Bravo, actuará o vindeiro 2 de xuño a partir das 20h. na misa do Corpus Chriti na igrexa vianesa e, despois, durante a procesión.
Esta é a terceira vez que o Coro Santa Rita actúa en terras vianesas, algo do que se senten agradecidos.