
O Coro Santa Rita do Barco será, novamente, unha das agrupacións corais participantes na “Muestra de de la canción berciana”, que se celebrará o vindeiro 9 de setembro en Ponferrada no marco das Festas da Encina. O certame, que terá como escenario a praza do Concello desta cidade berciana, comezará ás 21h.
A formación musical barquense, que dirixe Silvina Bravo ten previsto interpretar dúas cancións bercianas neste certame: “A Ponferrada me voy” e “La Virgen del Bierzo”. Dende o coro valdeorrés amosábase o seu agradecemento por ser convidades novamente a este evento, no que levan participando xa dez anos.