ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O corte da N-536 no Puente de Domingo Flórez por obras obriga a desviar o tráfico

Os condutores que vaian ata Ponferrada dende Sobradelo terán que seguir pola N-536 e logo, no Barco, coller a N-120

A realización de obras de emerxencia para o sostemento de taludes na N-536 despois da localidade de Puente de Domingo Flórez (León) obrigaba a cortar o tráfico por esta estrada dende día 2 de xuño e establecer un desvío pola N-120. Así os condutores valdeorreses que vaian a Ponferrada dende Sobradelo (Carballleda) deberán desviarse pola N-536 ata chegar ao Barco e dende alí coller a N-120. Así se indica no sinal que pode verse ao pasar a ponte de Sobradelo e tamén no que se atopa colocado á entrada de Viloira (O Barco).

No caso de querer ir ao Puente de Domingo Flórez dende O Barco ou Sobradelo non hai ningún problema, pode collerse a N-536 posto que o corte da estrada está despois. Estímase que o desvío do tráfico pola N-120 durará un mes, segundo informa o Ministerio de Fomento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button