OurenseÚltima hora

O Couto acollerá este sábado a primeira carreira nocturna do circuíto popular Correndo por Ourense 2022

As rúas do circuíto estarán pechadas ao tráfico de 21 a 23:30h, e a rúa Dalí, punto de saída e meta, desde as 20h

 

O barrio do Couto acollerá este sábado a segunda cita do X circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. Será unha carreira nocturna, con saída e meta na rúa Dalí, que estará pechada á circulación de vehículos desde as 20 horas. As restantes rúas incluídas no circuíto (Ervedelo, Juan de Anges, Remedios e Antonio Puga) estarán pechadas de 21 a 23:30 horas, polo que se recomenda aos veciños que teñan en conta esta circunstancia para os seus desprazamentos.

754 atletas apuntáronse ata o día de hoxe no circuíto popular. O prazo de inscrición (para atletas das categorías sub20, sub23, senior e máster) ten un custe de 7 euros e pódese realizar na páxina web http://carreirasgalegas. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e volve abrirse o luns seguinte a cada proba.

 

 

A carreira do Couto terá a saída ás 22h para Pitufos, ás 22:05h, para Benxamín e Alevín, ás 22:15h para Infantil e Cadete, é ás 22:30h para Xuvenil, Júnior, Promesa, Sénior e Máster.

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense volverá o domingo, 11 de xuño, coa carreira nocturna do centro. As tres últimas citas serán as carreiras matinais dos días 4 de setembro na zona universitaria, o 25 de setembro coa da Ponte e o 23 de outubro coa da Carballeira.

Artigos relacionados

Back to top button