Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

O Covid, protagonista dos debuxos do XXI Concurso de Postais de Nadal do Distrito Sanitario de Valdeorras

Participaron 69 cativos de entre 1 e 12 anos, fillos e netos de traballadores tanto do HPV como de Atención Primaria

 

Un total de 69 nenos con idades comprendidas entre 1 e 12 anos, participaban no XXI Concurso de Postais de Nadal do Distrito Sanitario de Valdeorras, convocado para fillos e netos de traballadores tando do Hospital Público Valdeorras como dos servizos de Atención Primaria.

Como non podía ser doutro xeito, o Covid e a pandemia en xeral foron os protagonistas dos debuxos nesta ocasión, sen esquecer as tradicionais imaxes de Papá Noel e os seus renos, dos Reis, do belén, da árbore, dos elfos,… E na mañá deste xoves 17 de decembro, o xurado elixía unha postal gañadora en cada unha das tres categorías, coas que a Dirección do Distrito felicitará o Nadal 2020.

Categoría de 1 a 4 anos – Manuel Rubinos García de 2 anos

 

Categoría de 5 a 8 anos – Denis Prieto Rodríguez de 7 anos

 

Categoría de 9 a 12 anos – Denis Carracedo Rodríguez de 12 anos

 

Este ano, por motivos de seguridade Papá Noel non visitará o hospital para entregar os agasallos que chegarán aos participantes a través de súas nais, pais e/ou avos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button