ConcellosO BarcoÚltima hora

O Covid volve protagonizar os debuxos do Concurso de Postais de Nadal do Distrito Sanitario de Valdeorras

Participaron 92 cativos de entre 1 e 12 anos, fillos e netos de traballadores

 

Un total de 92 nenos, 23 máis que o ano pasado, con idades comprendidas entre 1 e 12 anos, participaban nunha nova edición do Concurso de Postais de Nadal do Distrito Sanitario de Valdeorras, convocado para fillos e netos dos traballadores, e por segundo ano consecutivo, o Covid e a pandemia en xeral foron de novo os protagonistas dos debuxos. Así e todo, non faltaban as tradicionais imaxes de Papá Noel e os seus renos, dos Reis, do belén, da árbore, dos elfos,…

Na mañá deste venres 17 de decembro, o xurado elixía unha postal gañadora en cada unha das tres categorías, coas que a dirección do Distrito felicitará o Nadal 2021, ademais de recibir un premio.

Na categoría 1 a 4 anos, o premiado era o debuxo de Álex V. C. de 4 anos.


Na categoría 5 a 8 anos, o premiado era o debuxo de  Lucas P. F. de 8 anos.

 

E na categoría de 9 a 12 anos, o debuxo premiado era o de Rosi C. R. de 9 anos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button