Despois de visitar O Carballiño, na mañá deste xoves 17 de outubro o ‘Creamos Saúde Tour’ de Cruz Vermella facía parada na cidade de Ourense, diante dos Xardíns de Padre Feijóo onde, numerosas persoas se achegaron á food truck.
Con esta iniciativa Cruz Vermella está a percorrer as catro provincias galegas para falar de alimentación saudable e consciente, especialmente con persoas maiores. “Na nosa provincia contamos coa participación de alumnado de cociña e panadeiría do CIFP Vilamarín, que fixeron uns pinchos espectaculares”, destacan.
Fotos cedidas.



