SanidadeÚltima hora

O CSIF alerta de que as enfermeiras do Hospital de Valdeorras están “ao límite”

Publicidade

 

O sindicato CSIF vén de emitir un comunicado de prensa no que asegura que “a falta de planificación e de previsión da xerencia do Hospital Público de Valdeorras está provocando que as enfermeiras/os do deste hospital estean ao límite”, indicando ademais que non hai “enfermeiras suficientes para cubrir os traslados en ambulancia, como xa pasou no verán.”

Neste senso, o CSIF alerta de que, “ante a falta de enfermeiras para este fin, están a obrigar a enfermaría que realiza a súa xornada no centro para saír coa ambulancia, deixando as súas tarefas e o seu servizo”. Unha situación que se debe, segundo o sindicato, a que se “segue unha política de recortes”. E esta situación engade o sindicato, produce “sobrecarga física e psicolóxica nas enfermeiras que estáa poñendo en grave risco a súa saúde”.

Artigos relacionados

Back to top button