ConcellosO BarcoÚltima hora

Once restaurantes participan nas IV Xornadas do Botelo e do Cocido Valdeorrés

Dez do Barco e un de Vilamartín terán menús especiais nas fins de semana do 18-19 e 25-25 de xaneiro

 

Un total de once restaurantes, dez do Barco e un Arcos (Vilamartín), dúas fins de semana. É a oferta das IV Xornadas do Botelo e do Cocido Valdeorrés que eran presentadas na mañá deste martes 14 de xaneiro no Concello do Barco, por parte do alcalde Alfredo García e da concelleira de Turismo e Comercio Alba Rodríguez.

 

 

Tal como avanzaron, durante as fins de semana do 18-19 e 25-26 de xaneiro os restaurantes participantes nesta edición das xornadas, ofrecerán un menú especial (a maioría de botelo pero algún tamén de cocido) a diferentes prezos, como unha aposta máis pola posta en valor deste produto cárnico á par que potencian o sector hostaleiro.

 

 

Alba destacou a boa aceptación que teñen estas xornadas, ata o punto que para o sábado do botelo, o vindeiro 18 de xaneiro os restaurantes teñen completo o aforo. “Ese día xa non hai sitio para comer botelo, nin no pavillón nin nos restaurantes”, dixo o alcalde, avanzando que para atraer clientes o resto de días, tamén presentarán as xornadas no Bierzo, mantendo o acordo entre o Consello Regulador do Bierzo e o Concello do Barco para crear sinerxias entre ambas zonas “algo que nos beneficia a todos”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button