DeportesÚltima hora

O CV Ribeira Sacra consegue o 8º posto no campionato de España cadete

As galegas eran eliminadas na terceira fase da competición polo campión, o Soller de Mallorca
O equipo cadete do CV Ribeira Sacra, en Castellón.

En cuartos de final remataba a participación das cadetes do CV Ribeira Sacra no campionato de España celebrado en Castellón.

Trala primeira fase, as galegas pasaban como segundas de grupo despois de vencer 1-3 a Atmoss Adecor de Córdoba e 1-3 a Seguros GP CAVS de Murcia, e perder 3-0 contra Cecell de Cataluña. Na segunda fase, vencían 2-3 a Xátiva (Valencia) nun intenso e axustado partido, que lles daba o pase á terceira fase na que caían 0-3 contra Soller, o equipo de Mallorca que finalmente se facía co título nacional. Malia intentalo, as mallorquinas foron superiores e venceron con contundencia (13-25/17-25/5-25/0-0/0-0).

Con estos resultados as lucenses sitúanse no 8º posto da clasificación, dun total de 32 equipos coas mellores cadetes de voleibol de España.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button