CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O delegado da Xunta visita a exposición “Compromiso na distancia”, no Barco

A mostra, instalada na Biblioteca barquense, percorre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaba esta mañá a mostra titulada “Compromiso na distancia”, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e da que é protagonista o escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, ao que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Esta exposición pode visitarse dende o pasado 29 de setembro na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

O delegado territorial quixo facer un chamamento á cidadanía “a achegarse ata a biblioteca barquense para descubrir e coñecer ao gran protagonista destas Letras, pois a exposición achega información e imaxes sobre Florencio que doutro xeito non son accesibles”.

Gabriel Alén subliñou que esta mostra “quere difundir a obra máis significativa do escritor ourensán e dar a coñecer os lugares onde transcorreu a súa vida: tanto as terras valdeorresas ás que tanto cantou nos seus versos, como as mexicanas que o acolleron e tamén influíron na súa poética”.

 

 

A mostra estará neste espazo ata o día 20 de outubro, e poderá visitarse no horario habitual da biblioteca, de luns a venres, de 9,45 a 13,00 horas, e de 16,30 a 20,30 horas, e os sábados desde o 8 de outubro, de 10 a 13,00 horas. Para as visitas de centros escolares ou grupos, podese solicitar no correo electrónico seguinte: concelleria.cultura@concellodobarco.org, ou chamando ao teléfono 988320202, na extensión 1131.

O delegado territorio da Xunta en Ourense estaba acompañado nesta visita polo alcalde do Barco, Alfredo García, pola concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, e polo concelleiro barquense Antonio Melo.

Esta exposición enmárcanse nas máis de 150 actividades da programación especial das Letras Galegas 2022 que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra do homenaxeado o 17 de maio.

A mostra consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións.

Tras o seu paso pola vila do Barco de Valdeorras, Compromiso na distancia percorrerá diferentes localidades galegas, en concreto, Lugo, Pontevedra e, finalmente, Celanova.

Da infancia á madurez

Compromiso na distancia consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións.

O texto central e a documentación corre a cargo de Héctor Cajaraville con pezas baseadas no libro publicado por Xerais, Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros da saudade. As fotografías pertencen ao arquivo familiar do autor, sendo fotos orixinais en branco e negro que foron modificadas con técnicas de coloración dixital.

A exposición está enmarcada entre as máis de 150 actividades que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button