PolíticaÚltima hora

O deputado Celso Delgado (PP) pregunta ao Goberno central sobre a situación da estrada de circunvalación do Barco

Publicidade
O deputado Celso Delgado.

 

Coincidindo co terceiro aniversario do inicio das obras da conexión da estrada N-536 coa N-120, a chamada circunvalación do Barco, o deputado do PP pola provincia de Ourense no Congreso, Celso Delgado Arce, vén de rexistrar varias preguntas dirixidas ao goberno de España para saber en que situacións se atopan estas obras, que se paralizaban meses atrás.

Delgado Arce lembra que dende o grupo popular no Congreso se vén facendo un seguemento da evolución desta obra con diversas preguntas ao longo destes tres anos. Ademais este deputado considera que o MInisterio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana “non vai cumprir o prazo de finalización comprometido, de 36 meses, que vencería neste mes de setembro de 2022, xa que as obras levan meses paralizados”.

 

 

Así mesmo cualifica de “pésima a xestión do Mitma, da Dirección Xeral de Estradas e da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia”, criticando ademais “a falta de transparecencia” con relación a esta obra. Neste senso, Celso Delgado Arce vén de presentar onte dúas novas preguntas dirixidas ao Goberno de España, que dispón de dous meses de prazo para a súa contestació por escrito.

En concreto, o deputado pregunta “cal é a data de resposta a porcentaxe de execución das obras de Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo – O Barco de Valedoras” e “que, datas pode comprometer o Mitma para a continuación e finalización das obras de Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo – O Barco de Valedoras”.

Artigos relacionados

Back to top button