PolíticaÚltima hora

O deputado de En Marea Davide Rodríguez reúnese con membros do CRDO Valdeorras

Trasladábanlle  cuestións como a súa preocupación ante as consecuencias da situación provocada polo pedrisco o pasado mes de xuño
O deputado Davide Rodríguez, na reunión no CRDO Valdeorras.
O deputado Davide Rodríguez, na reunión no CRDO Valdeorras.

Para coñecer de primeira man as demandas do sector vitivinícola valdeorrés, o deputado autonómico de En Marea por Ourense, Davide Rodríguez, de Manzaneda, achegábase na tarde do 3 de novembro ata o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín. Alí reuníase con representantes desta entidade, entre os que estaba o seu presidente, Francisco García.

Na xuntanza os representantes trasladábanlle a súa preocupación ante a situación provocada polo pedrisco o pasado mes de xuño “denunciando o agravio comparativo que están a sufrir xa que mentres eles non recibiron ningún tipo de indemnización, non aconteceu o mesmo cos produtores e adegueiros da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra que si recibiron compensacións a penas 15 días antes das eleccións autonómicas”, segundo se informa dende En Marea. O grupo parlamentario desta formación rexistraba a semana pasada na Cámara galega unha pregunta relativa a este tema ao pleno e a comisión.

O deputado de En Marea, Davide Rodríguez, aludía á importancia deste sector, “un motor económico fundamental para comarca con máis de 1.600 produtores e 46 adegas que está a perder superficie produtiva ano tras ano, sen contratos homologados por parte da Xunta de Galicia, nin accións algunha por fomentar o cooperativismo nin o asociacionismo, e sen investimento do Goberno galego en I+D+I”.

Artigos relacionados

Back to top button