Os proxectos da circunvalación do Barco, a autovía A-76 ou o arranxo da N-120 eran algunhas das cuestións en materia de infraestruturas que se poñían sobre a mesa na reunión que a directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) mantiña co deputado ourensán e presidente da Comisión de Fomento, Celso Delgado, no Barco o 30 de abril.
Delgado explicaba que o proxecto da circunvalación barquense está “redactado e en condicións de licitar” e que o primeiro tramo da A-76, que conectará Ponferrada e Ourense, debería sacarse a licitación antes de que finalice o 2018. Tamén sinalou que se prevén intervencións para mellorar o estado da N-120 en diversos puntos.
Fotos: Carlos G. Hervella.