CD RúaCD VianaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O derbi CD Viana-CD Rúa sáldase cun empate a dous

 

A deste domingo 15 de xaneiro foi unha intensa e apaixoante tarde de derbis futbolísticos en Valdeorras e Viana do Bolo.

No primeiro, o partido disputado no Campiño de Viloira entre o CD Córgomo Vilamartín e o CD Trives saldábase cun contundente 7-0 a favor dos vilamartineses, claramente superiores. No segundo, disputado no campo vianés das Carrelas, tanto o xogo coma o resultado estiveron moito máis igualados cun empate a dous entre o CD Viana e o CD Rúa, segundo e terceiro clasificado respectivamente, no grupo 3 da Segunda Galicia.

CD Rúa.
CD Viana.

 

Foi unha tarde fría, cun considerable descenso das temperaturas con respecto a onte, pero iso non impediu a calidez e a intensidade do encontro, tanto no terreo de xogo por parte de ámbolos dous equipos, como nas bancadas e a pé de campo co incondicional apoio das afeccións.

 

 

Con respecto ao partido en si, os locais adiantábanse no marcador cun gol de Héctor no minuto 17 e tras parar un penalti pitado a favor do Vian, o Rúa empataba grazas ao gol de Juan no minuto 31. Co empate a uns chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario Javier volvía adiantar aos do Viana cun gol no minuto 69. Tan só oito minutos despois Lora marcaba o gol do empate, rematando o partido co 2-2 no marcador.

 

 

Con este resultado o CD Viana de Julio Couso mantense no alto da clasificación con 35 puntos mentres que o CD Rúa de Javier Ferrer é terceiro con 33.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button