
O cartel presentado baixo o lema “O descanso dos Cigarróns” resultaba gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2019, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 10 de decembro no Auditorio Municipal do Concello de Verín.
No proceso de votación participaron un total de 590 persoas que puideron valorar o deseño que máis lle gustou dos carteis que concursaban para imaxe oficial do vindeiro Entroido. Tras a suma dos votos da veciñanza, o traballo que máis puntuación acadou foi o número 17 titulado “O descanso dos Cigarróns”, de Ana Isabel Arias López, converténdose así na imaxe desta festa para o próximo ano.
A acta oficial, que reflexa o reconto das votacións, está a dispor do público tanto na Casa Consistorial como na propia páxina web do Concello de Verín.