O deseñador Roberto Verino vén de ser distinguido cun dos premios Nacionais da Música e as Artes, coñecidos como premios Pop Eye, na categoría de moda, que outorga cada ano a asociación cultural Bon Vivant.
O acto de entrega tiña lugar o sábado 20 de novembro no transcurso dunha gala celebrada no Teatro Alkázar de Plasencia. Estes premios, que celebran a súa décimo quinta edición, destacan a traxectoria e traballo de grandes profesionais e artistas, así como de novos talentos que despuntan en diferentes disciplinas relacionadas coa Música, a arte e a Cultura.
Roberto Verino amosábase “moi orgulloso” de recibir este premio que suma á súa carreira profesional na que o ano que vén celebra os seus primeiros 40 anos de marca. Este deseñador verinés cre na beleza do sinxelo, na moda feita en proximidade e na defensa dos oficios de moda.
As súas coleccións están concibidas para transcender no tempo e as súas pezas aspiran a formar parte dos armarios emocionais de quen os viches e converterse en iconas contemporáneas.
Ademais de Roberto Verino, outros premiados foron o xornalista Carles Francino, o director de cinema José Luis Garcí, a actriz Gemma Cuervo, o guitarrista Vicente Amigo, o xornalista Ikér Jiménez, o fotógrafo Manuel Outomuro, Antidisturbios ou a bailaora María Pages, entre outros.
Créditos das fotografías: Mercedes Hausmann.