OurenseÚltima hora

O deseñador Roberto Verino, novo membro da Academia Galega de Belas Artes

No vindeiro ano, a firma ourensá cumprirá 40 anos dende a súa fundación

O deseñador ourensán, Roberto Verino./ Foto: Brais Lorenzo.

 

Roberto Verino acaba de ser designado novo membro da Academia Galega de Belas Artes. A institución actualizou as prazas vacantes e o deseñador foi unha das novas incorporacións, concretamente, para cubrir a sección de Artes da Imaxe. “Nada me pode facer máis feliz que recibir unha honra como este, no que se recoñece a miña devoción, traballo e empeño por facer cousas belas que transcendan no tempo, que signifiquen moito máis que obxectos porque levan neles a carga de nosa propia historia e cultura” declarou o deseñador tras coñecer a noticia.

O creador conta cunha longa traxectoria no mundo da moda, sendo un dos máis recoñecidos deseñadores contemporáneos. Os seus acenos de identidade pasan por creacións de liñas sinxelas, de calidade, atemporales, duradeiras cun valor engadido emocional. Precisamente, o próximo ano 2022 a súa firma cumpre 40 anos desde a súa fundación.

Roberto Verino estudou a carreira de Belas Artes en Paris, a arte sempre estivo presente nas súas coleccións e, actualmente, conta cun Espazo Expositivo en Ourense onde acolle e difunde a obra pictórica, fotográfica e escultórica de artistas. Ademais de Roberto Verino, a Academia escolleu outros nomes do panorama galego para formar parte da sección de Artes como a pintora Mónica López Alonso, a escultora María del Carmen Pérez Pereira ou o arquitecto Felipe Pena Pereda entre outros A Academia, fundada en 1849, busca a través dos novos membros lograr unha maior representación en todos os ámbitos relacionados coa creatividade, a investigación e a divulgación de Patrimonio Cultural de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button