
Non é a primeira vez que os debuxos de Mauro Docampo Gacio (alumno do IES Lauro Olmo do Barco) se fan públicos. De feito os seus deseños ilustran o libro que recolle a obra de teatro Polos Camiños do Tempo. Percorrido teatral pola historia do Barco e Viloira escrita por Gustavo Docampo. Pero desta volta foi a través do concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo, convocado pola Xunta co gallo da celebración do Día Internacional da Muller -8M- para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato de 117 centros educativos de toda Galicia.
A obra de Mauro que ten como lema “Rompamos o teito de cristal”, resultou a ganadora na categoría de 3º ESO. O premio será entregado polo vicepresidente da Xunta en Santiago o vindeiro día 27 de febreiro coa asistencia do alumnado de 3º da ESO e da profesora titora,Tania Merayo.
