ConcellosEntroido 2022Última horaVilamartín

O Desfile de Entroido de Vilamartín será o sábado 26 de febreiro dende a Rodeleira ata a praza

As comparsas asistentes terán premio por participar

Desfile de Entroido en Vilamartín en 2020./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dubidaron en facelo pero finalmente o Concello de Vilamartín de Valdeorras decidía organizar o seu Desfile de Entroido. Será coma sempre o sábado, nesta ocasión 26 de febreiro, a partir das cinco da tarde con saída na Rodeleira e remate na praza José Luis Núñez, e con premios á participación.

Os grupos de entre 10 e 20 participantes recibirán 100 euros; os de 20-30 participantes, 200 euros; e os de máis de 30 participantes, 300 euros.

Para desfilar en Vilamatín as inscricións poderanse realizar no concello ou a través da sede electrónica ata o 24 de febreiro. Ademais, seguindo o protocolo Covid, non se servirán nin bebidas nin comidas, manterase a distancia de seguridade entre os grupos e será obrigatorio o uso da mascarilla aínda que o desfile sexa no exterior.

 

Artigos relacionados

Back to top button