CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O Día das Letras Inglesas do Pablo VI Fátima da Rúa regresa á biblioteca municipal

 

Tralo parón pola pandemia, coa actividade no propio centro escolar, o English Word, día adicado ao inglés do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, regresaba neste 2022 á Biblioteca Municipal, onde nacía hai case 10 anos.

Así, na mañá deste martes 21 de xullo, un grupo de alumnos de 6º de Primaria, coordinados pola profesora de inglés Rocío Illesca, achegábanse ata a biblioteca ruesa para participar nesta iniciativa na que practican o “reading, writing, espeaking and listening”, sobre un libro concreto, nesta ocasión: Changing Places.

 

Escenario e títeres creados polos alumnos de inglés. /Foto cedida.

 

En cada edición desenvolven unha idea e este ano a iniciativa xirou en torno a unha representación con títeres, gravado en móbil co máis tarde farán un clip. O interesante desta actividade é que se trata dun proxecto dos propios nenos, que son os que toman as decisións. De feito eles fixérono todo, dende a adaptación dos diálogos do conto ata a posta en escena, os decorados e a representación.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver, excepto a primeira da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button