OurenseÚltima hora

O director de contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, recibe o título de Fillo Adoptivo da Provincia

Manuel Baltar presidiu no salón de plenos do Pazo Provincial, en Ourense, o solemne acto de entrega da distinción ao comunicador, por “contribuír a facer de Ourense un plató ancho e aberto, con inmensas posibilidades”

 

Na xornada deste venres 4 de novembro, o director de contidos de Mediaset Manuel Villanueva recibía o título de Fillo Adoptivo da provincia no transcurso dun solemne acto, presidido por Manuel Baltar, que lle agradeceu ao homenaxeado “ser un magnífico exemplo das características fundamentais de Ourense e das súas xentes: a creatividade, o traballo e a condición de emigrante, sendo, dende hoxe, un excelente embaixador de Ourense alá onde te atopes”.

A homenaxe tiña ligar no salón de plenos do Pazo Provincial, congregando, xunto a familia, amigos e directivos de Mediaset -entre eles, o conselleiro delegado, Paolo Vasile-, a unha ampla representación da sociedade ourensá e galega, ademais de representantes institucionais, entre os que se atopaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; parlamentarios autonómicos e deputados da corporación provincial.

 

Discurso de Manuel Villanueva.

 

“Como deixou escrito o músico Erik Satie: ‘Para que o agradecemento sexa verdadeiro debe ser recoñecible’. Non abonda con darlle as grazas en privado a quen no lo merece, debemos facelo público”, comezou Manuel Baltar o seu discurso para motivar esta homenaxe. Uns alicerces, recalcou o presidente da Deputación, entre os que citou o sentimento de “sermos e sentírmonos galegos”, “unha galeguidade que ten demostrado todos os días, co pensamento posto en Galicia, con confianza na nosa xente; construíndo o presente, soñando o futuro”. Pero sen embargo, non estarían completos os méritos sen ter en conta a súa ourensanía, “esa peculiaridade que nos distingue e caracteriza, un sentimento fondo e arraizado de pertenza a unha estirpe honesta, creativa e loitadora. Ese sentimento descrito por Luis González Tosar: A ourensanía, lonxe de localismos, consiste nun xeito propio de andar e de interpretar o mundo. E dende hoxe, Manuel Villanueva, un dos directivos máis recoñecidos da industria audivisual, poderá unir á súa condición de galego, a categoría de ourensán universal”.

“Graciñas querido Cachi, moitas grazas por contribuir a facer de Ourense un plató ancho e aberto, con inmensas posiblidades, con extraordinarias historias que contar. Beizón, como dicimos en Ourense, pola túa inestimable axuda e polo teu constante apoio”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense.

Manuel Villanueva mostrouse esta mañá emocionado polo título. “Este será o meu primeiro discurso como ourensán”, sinalou un home que “aprendín a querer a Ourense na miña infancia, nas estadías no Carballiño”, dixo.

 

Foto de familia despois do acto.

 

No seu discurso o homenaxeado repasou os seus vencellos coa provincia, que seguiron, explicou, avanzaron coas Xociviga do Carballiño nos 80, pasaron polo OUFF xa nos 90 e foron fortalecendose: “Descubrín a cidade de Ourense, un espazo moi vivido polas súas xentes. Esta cidade é máis que un cruce de camiños, é un compendio de historias, un espazo reivindicado no mapa”.

Villanueva falou tamén dos seus amigos ourensáns e a súa pandilla, Os Pándigos. Tamén quixo destacar a relación con Paolo Vasile, “ourensán do mundo enteiro”, e con Ignacio Rodríguez, antes de repasar os seus recordos arredor das viaxes por Celanova, Cartelle, Bande, Allariz, ou a súa paixón polos viños do Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras.

“Ourense é terra dos mil ríos que conflúe na súa arteria, o Miño, o camiño serpeante hacia o mar. Xa o dicía Castelao: os peixes non son dun lugar ou d’outro. Son do Miño. E nós tamén”, destacou Manuel Villanueva, que agradeceu o recoñecemento da Deputación: “Adoptándome a min adoptan tamén os que quero. Todos eles levan dende hoxe a emoción conmovedora desta terra prendida no seu corazón. Ourense é, pois, unha marabillosa catividade sentimental, unha irmandade irrenunciable e unha prolongación da miña familia”.

O director de Contidos de Mediaset terminou o seu discurso parafraseando ao ourensán Valente: “Unha palabra encerra toda a verdade. E é só unha: Grazas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button