A área galega do Centro Galego da Habana (Cuba) acolleu a presentación do novo libro de Felipe Cid Domínguez “Gallegos de Cuba de dos y más generaciones”. Un solemne acto que contou coa presenza do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, outros funcionarios da secretaría e a funcionaria da Consejería de Empleo y Seguridad Social en Cuba, Susana Monis González, ademais do autor.
Felipe Cid (descendente de galegos) é fundador e director da publicación “Cova Céltiga”, ademais de vicepresidente do Centro Unión Orensana e colaborador do Periódico O Sil na Habana, e no seu libro reflexa a vida dos galegos e da súa descendencia. “Estou feliz porque fíxeno para que o lector aquilate con que ímpetu e sabiduría levaron a vida os nosos ancestros nesta fermosa illa, onde a maioría deles faleceron”, en palabras do propio Felipe quen engadiu que “é bo coñecer que os nosos bisavós, avós e pais, despois de facer fronte ao descoñecido formaron familias e moitos, pero moitos, traballaron duro tanto manual como intelectualmente aportando o mellor de si ao desenvolvemento da Cuba que tanto amaron”.