EconomíaEconomíaÚltima hora

O director de Turismo de Galicia reúnese coa directiva de AEVA

 

No decurso da visita que o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, realizaba esta tarde de 8 de xullo á comarca, mantiña unha reunión coa directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), encabezada pola súa presidenta, Araceli Fernández del Palacio.

 

 

No encontro, que se desenvolvía da sede da entidade no Barco, abordábase a situación de Valdeorras en materia de desenvolvemento turístico e tamén se lle plantexaban a Merelles diversas iniciativas que AEVA pretende impulsar neste ámbito.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button