CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O DJ e produtor madrileño Ballesteros pinchará no Bravo Lux (A Rúa) o martes 16 de maio

 

O vindeiro martes 16 de maio, véspera do festivo Día das Letras Galegas, o DJ e produtor madrileño Ballesteros pinchará a partir das 23:30h. no Bravo Lux (A Rúa), un referente da música urbana en Valdeorras.

O local sito na rúa Doutro Vila segue sorprendendo na súa aposta pola música en directo e, sobre todo, na súa programación de música urbana, contratando a DJs de referencia a nivel nacional neste xénero musical do momento. En palabras do xerente, Javier Ferrer, “conseguir a Ballesteros foi un reto máis, un esforzo económico importante, pero o que máis me move nestes casos é que a xente goce e o pase ben”, di, adiantando que se aveciña “unha noite espectacular”.

Ferrer tamén explica que quedan algunhas entradas para gozar coa sesión de DJ Ballesteros, co cal recomenda non esperar aos últimos días. A venda anticipada está a 16 euros e as que queden para venda en despacho de billetes serán a 22 euros. Nos dous casos, a entrada inclúe unha consumición.

 

Artigos relacionados

Back to top button