
Tras presentarse a mediados de novembro no Festival Cineuropa en Santiago, o petinés Domingo Díaz compartirá seu documental “O desafío do Sil”, que xira arredor dos encoros deste río, cos valdeorreses. O vindeiro 5 de decembro ás 20:30h. estrearase na comarca no Centro Cultural Avenida da Rúa. A entrada será por invitación. Ademais, haberá dous novos pases os días 6 e 7 de decembro ás 20:30h. nesa mesa sala.
Con guión, dirección e produción de Domingo Díaz, este proxecto nace da súa convivencia cos encoros dende a nenez. Está rodado en localizacións da Rúa, O Bolo, Vilariño de Conso, Nogueira de Ramuín, Os Peares… Así como noutras zonas fóra da provincia de Ourense como Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) e as comarcas leoneas de Babia, Laciana e O Bierzo.