Quiroga (Lugo) é outra das localidades galegas que hoxe, domingo 11 de novembro, celebraron a festividade de San Martiño. Os actos comezaban xa pola mañá cos actos relixiosos e a actuación dos grupos de baile locais: San Martiño e Arume da Queiruga, acompañados do grupo de gaitas Alecrín, na praza Maior.
Xa pola tarde na mesma praza, cuberta case na súa totalidade por unha carpa por mor da chuvia, houbo xogos populares infantís e o tradicional magosto popular, con castañas recén asadas e viño novo, ademais de baile amenizado polo Dúo Camelia. Multitude de persoas se achegaron ata o lugar, no que os cativos aproveitaron para vender doces cos que financiar parte da excursión.
As malas condicións meteorolóxicas obrigaban a aprazar o 2º Día da Bicicleta que se ía desenvolver hoxe. A actividade deportiva realizarase previsiblemente o vindeiro domingo.
Fotos: Carlos G. Hervella.