CulturaCulturaÚltima hora

O dúo Farsantes volverá actuar en Vilanova (O Barco) no marco da XXIX Semana Cultural

O concerto dos ourensáns será o día 10 ás 22 horas

Farsantes no concerto que daban o ano pasado en Vilanova./ Foto cedida.

 

A Semana Cultural de Vilanova chega este ano á XXIX edición e incluirá dúas actividades, o 8 e o 10 de agosto.

Da man da Asociación Cultural O Mosteiro e coa colaboración do Concello do Barco, para o martes día 8 está prevista unha sesión de cine ao aire libre coa proxección do filme Padre no hay más que 3. Será ás 22:30 horas nas pistas deportivas das Escolas de Vilanova.

 

 

E xa para o xoves día 10 está programado o concerto do grupo Farsantes formado polos ourensáns David Quintas e Toño Varela, ás 22 horas no mesmo lugar.

Farsantes nace como alternativa á banda de versións En mala hora e nos seus concertos fai un repaso en acústico polos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. Así, no enérxico repertorio pódese atopar desde temas de Serrat ou Juan Perro ata versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva ou Fito e Fitipaldis.

Artigos relacionados

Back to top button