ConcellosO BarcoÚltima hora

O dúo Soul & Roll conquista ao público barquense na segunda sesión do Terrasón 2021

 

Tamara Pérez e Miguel Araujo, ou o que é o mesmo Soul & Roll, forman un dueto acústico cun repertorio variado de versións de grandes éxitos dende os anos 80 ata a actualidade, pasando por diferentes estilos musicais que na noite do sábado 7 de agosto conquistaba ao público barquense.

O concerto deste dúo ourensán, en directo na praza Andrés de Prada, enmárcase no programa do Terrasón 2021, o ciclo de música ao vivo nas rúas do Barco de Valdeorras que comezaba o venres 6 de agosto con Superhéroes de Barrio e remantará o 12 de setembro con Blues do País.

Entre medias, a seguinte cita será xa o vindeiro venres 13 de agosto co espectáculo Danzamos no Verán para público infantil e familiar, a cargo de Xoan Curiel na praza Maior.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button