CarballedaConcellosÚltima hora

O edil de Carballeda de Valdeorras Odilo Fernández pide un pleno urxente para solicitar a declaración de zona catastrófica

 

O edil de Carballeda de Valdeorras, Odilo Fernández, vén informar de que solicitou neste Concello, a través dun escrito, que se convoque “de forma urxente un pleno desta Corporación co fin de pedir a declaración de zona catastrófica, motivado pola situación que afectou ao municipio, dos gravísimos incendios sufridos recentemente. Así mesmo, para que de forma inmediata e urxente se adopten as medidas para reparar, no posible, a situación creada polos incendios nos núcleos de poboación do Concello, en camiños e viais públicos”, segundo sinalaba.

Artigos relacionados

Back to top button