CulturaCulturaÚltima hora

O Encontro de Poetas regresa coa 34 edición, os días 8 e 9 de xullo na Rúa

Imaxe dunha edición anterior do Encontro de Poetas na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dous anos despois da última edición, neste 2022 retómase o Encontro de Poetas que celebrará a 34ª edición na fin de semana do 8 e 9 de xullo na Rúa. Ambas sesións comezarán a partires das 20:30h. da tarde e terán lugar no salón de actos do Colexio Nosa Señora de Fátima, tendo nesta ocasión varios homenaxes: o vernes a Florencio Delgado Gurriarán; e o sábado, a José María González García -autor habitual dos deseños- falecido a causa do Covid e a Mar Blanco Gómez.

O 8 de xullo o recital adicado ao poeta de Córgomo reunirá a uns 12 poetas, varios da comarca, mentres que no caso do 9 de xullo serán dezanove os participantes, entre eles a coordinadora, Mª Carmen Gago Florenti. Coma sempre, en ambos casos o recital complementarase cunha actuación musical que o primeiro día correrá a cargo de José Luengo (Bembibre) e o segundo virá da man da Rondalla Sones del Cua (Cacabelos).

Este encontro, que rematará coa entrega de galardóns aos participantes e a cea de confraternización, está organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses coa colaboración do Concello da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button