SanidadeÚltima hora

O encontro de verán de Asomega reúne aos Médicos Galegos na Pobra de Trives

Entre os asistentes había varios valdeorreses como os doutores López, Mata e Rionegro

 

O encontro de verán de Asomega deste 2023 foi sen dúbida un dos máis emotivo de cuantos organizou a entidade, pois serviu de homenaxe a un médico “bo, comprometido e apaixonado pola súa terra como é o actual presidente de Asomega, Julio Ancochea”, así como poñer o foco nunha das áreas da asociación que máis interese suscitan e cuxas accións non pasan desapercibidas: Asomega Axuda e a súa colaboración con EMMO.

Tralo nomeamento do presidente da entidade dende 2016 como Fillo Predilecto do Concello da Pobra de Trives, no mediodía do sábado 5 de agosto unhas 130 persoas (a maioría médicos pero tamén amigos e veciños de Julio Ancochea) asistían a tradicional comida de verán de Asomega no restaurante La Viúda de Trives. E unha vez rematado o xantar o doutor Ancochea tomaba a palabra para expoñer sen reviravoltas o que significa a asociación: “Sempre digo que Asomega é un sentimento e hoxe, coa vosa presenza aquí, estades a facer palpable esa afirmación. O que fai grande a Asomega non é unha masa social inxente ou un patrimonio abundante, que máis quixésemos… A Asomega defínea a paixón por compartir ciencia, medicina e galeguidade, e traducilo en accións concretas”.

 

Julio Ancochea co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que entrega o cheque de Asomega Axuda a Leo Rodríguez, presidenta de EMMO.

 

O presidente poñía así o foco en Asomega Axuda, o proxecto co que “tentamos que polo menos unha pequena parte do que obtemos reverta á nosa contorna máis inmediata en forma de apoio efectivo, de impulso a proxectos de interese”.

Acnur, Camiña Senegal, Unha Mirada en Marte ou DisCamino teñen sido algúns dos receptores ata a data do apoio de Asomega Axuda. Unha lista da que dende onte forma parte a Asociación Esclerose Múltiple do Morrazo (EMMO), receptora da axuda recadada na pasada Feira dá Saúde que celebrou Asomega en Madrid en abril.

Fotos: Asomega, Asociación de Médicos Galegos.

Artigos relacionados

Back to top button