A través de diferentes iniciativas o Concello de Verín está apostando por manter viva, dunha maneira segura, a chama da súa festa máis agardada: o Entroido. Nesa liña vén de lanzar a campaña “Entroido de Verín, sempre latexando” que se presentaba estaba mañá, coincidindo co Xoves de Compadres.
A iniciativa conta tamén cun vídeo promocional que amosa esta intensa tradición e convida a compartila dende casa a través das redes sociais.