En portadaEntroido 2023Galerías de fotosÚltima horaVídeos

O Entroido itinerante da antiga Comparsa de Viana do Bolo, en Mourisca e San Cibrao

 

Pola mañá en Mourisca (Viana do Bolo) e, pola tarde, en San Cibrao. Encabezada pola Director e os Músicos, a comitiva da Comparsa vianesa iniciaba o sábado 11 de febreiro o seu percorrido de Entroido polas aldeas vianesas. O ritual comezaba cunha ronda pola localidade, ao son da música, mentres o Pallaso vai facendo das súas no percorrido, e os de Esquilas van abrindo paso ao cortexo entre o público.

 

 

Unha vez chegados ao lugar da representación (un souto no caso de San Cibrao), o Director daba paso aos brindes, que intercalaba co Pallaso, no que se lle adican en verso unha serie de pezas aos presentes, algo que se agradece unha aportación económico para a comparsa. Ademais á persoa á que se lle dedica é sacada a bailar pola Señorita. Entre eles, non faltaba un dedicado ao Periodico O SIL. “O director que trouguemos/ dice os versos como un misil/ ímoslle tocar unha/ para o Periódico O SIL“.

 

 

E tras os brindes, dábase paso á disputa, a representación puramente dita, tamén en verso, con multitude de personaxes e que nos que tocaban os máis variados temas, dende os oficios tradicionais e a falta de relevo xeracional, os incendios forestais ou o prezo da luz ata conflitos internacionais como a guerra en Ucraína, con tanque incluído, ou a presenza de coñecidas figuras como Shakira e Piqué.

Non faltaba tampouco a clásica disputa entre os de Esquilas e, neste caso, dúas Señoritas. E, ademais incluíanse versos alusivos ás camisas dos de Esquilas, coas que se pretendía amosar a imaxe antiga destas figuras, nun tempo no que non había tantos lazos nin elementos para poder adornar a vestimenta.

 

 

O ritual remataba cos versos do Director dando a despedida e co agradecemento ao pobo de San Cibrao pola acollida. Finalmente, daba o sinal para cumprir coa tradición de xeito que os membros da Comparsa, todos enmascarados, se descubrisen, entre aplausos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button