Entroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

O Entroido trivés faise sentir en Santiago

O Folión Os Labregos tocaba na tarde do venres 21 de febreiro nun céntrico mercado compostelán

O son do Entroido trivés enchía na tarde do 21 de febreiro o Mercado La Galiciana, en Santiago de Compostela. O Folión Os Labregos percorría tocando as súas instalacións, mentres os seus Boteiros abríanse paso e daban os seus característicos saltos.

Tratábase dunha pequena exhibición promovida polo Concello da Pobra de Trives para “dar a coñecer o Entroido do noso municipio a todos aqueles que se acheguen ata o templo gourmet que conta con máis de mil visitantes diarios”, segundo esta administración local.

Fotos cedidas polo Folión Os Labregos de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button