CulturaCulturaÚltima hora

O Entrudio vianés, no XIV Congreso Internacional da Asociación de Estudos Galegos, en Braga

O investigador Pedro Basalo abordaba nunha ponencia o tratamento desta tradición na prensa no século XX

Imaxe da Comparsa no pasado Entroido en terras de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Entrudio de Viana do Bolo era un dos temas que se abordaban ao longo das sesións do XIV Congreso Internacional da Asociación de Estudos Galegos, que se desenvolvía a semana pasada na Universidade de Minho, en Braga (Portugal).

Neste foro o investigador vianés Pedro Basalo presentaba un relatorio titulado “O Entrudio de Viana do Bolo e o seu tratamento na prensa ao longo do século XX”. Na súa intervención abordaba esta tradición vianesa, así como o tratamento se que lle ten dado na prensa escrita do pasado século.

 

O investigador vianés Pedro Basalo, nun acto público./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os textos que mencionaba figuraba algún artigo do estudoso tamén vianés Juan Antonio Pinza falando das comparsas de Viana, “é un dos poucos escritos dos anos 80 que valorizan esta tradicion”, asegura Basalo.

Artigos relacionados

Back to top button