CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O equipo alevín “B” do CD Rúa, subcampión da Copa Deputación de Ourense

 

Agora si. Apenas tres semanas antes de que comece o campus de verán de fútbol o CD Rúa remataba oficialmente a tempada 23/24. Facíao na mañá deste domingo 16 de xuño coa final da XLIII Copa Deputación de Ourense de 2ª alevín na que o cativos amarelos se proclamaban subcampións tras perder no Campo dos Carrís (Barbadás) contra o campión, o Pabellón Promesas CF.

 

 

O CD Rúa “B” alevín, chegaba a esta final despois de vencer 1-3 ao Ribadavia Atlético en oitavos de final; 0-4 ao EDO Blanco Amor en cuartos; e 3-1 ao Maceda en semifinais; perdendo na final 0-2 co Pabellón.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button