En portadaÚltima hora

O equipo de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea de Trives, finalista no Rally Científico Matemático 2022

A fase autonómica celebrarase este xoves 31 de marzo en Santiago de Compostela

Fachada principal do IES Xermán Ancochea.

 

Por segundo ano consecutivo, o equipo de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives, é un dos finalistas no Rally Científico Matemático 2022.

Trátase dun concurso de matemáticas e ciencias convocado por Igaciencia, onde grupos de 8 alumnos teñen que resolver os problemas que se lle propoñen en equipo, e que se se lle dá especialmente ben aos estudantes do instituto trivés. O ano pasado por mor da pandemia non se celebraba a final autonómica, pero este ano si está convocada e tras realizar a proba no centro trivés e clasificarse xunto a outros dous equipos da provincia (o IES Nº 1 do Carballiño e o IES Otero Pedrayo de Ourense), o xoves 31 de marzo desprazaranse ata Santiago de Compostela para a proba final de onde sairá o equipo galego que irá a Toulouse (Francia).

O equipo trivés que loitará por ir á final en Francia está formado por Noa Prieto, Noa Macía, Marino, Marcelo, Andrés, Martín, Uxía e Alejandro.

 

Artigos relacionados

Back to top button