CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O equipo de 2º da ESO do IES Xermán Ancochea de Trives, terceiro no Rallye Científico Matemático 2021

Por mor da pandemia este ano suspendeuse a proba autonómica a celebrar a Santiago que houbese seleccionado o equipo que representaría a Galicia en Francia

Fachada do IES Xermán Ancochea. /Foto cedida.

 

Como unha experiencia para aprender grazas á colaboración e ao traballo conxunto, se presenta o Rallye Científico Matemático, un concurso de matemáticas e ciencias convocado por Igaciencia, onde grupos de 8 alumnos teñen que resolver os problemas que se lle propoñen en equipo. Un certame que se lle dá especialmente ben aos estudantes do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives.

Ata o pundo de que na edición deste 2021, o equipo de 2º da ESO formado por Noa, Lucía, Paula, Tiago, Nico, Iker, Ruth e Jairo lograba o terceiro posto na fase de centros que seleccionaba aos tres finalistas a nivel autonómico. Por mor da pandemia este ano suspendeuse a proba autonómica a celebrar a Santiago, que houbese seleccionado o equipo que representaría a Galicia na final de Francia.

A entrega de premios está prevista para finais do mes de maio. A ruta científica-matemática no Camiño de Santiago na que participarán os primeiros equipos de cada categoría, será previsiblemente en xuño.

Artigos relacionados

Back to top button