O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras recibía hoxe na súa sede de Vilamartín, a visita de dous membros do equipo de cata da prestixiosa Guía Peñín, co fin de catar, describir e
puntuar os viños de esta D.O. para a súa inclusión na próxima edición da publicación.
Un total de 108 marcas, entre tintos e brancos, provintes das adegas da D.O., das añadas 2023 (na súa maioría) e 2022, sometéronse ao exame dos catadores Boris Olivas e Ziyang Zhang, quenes destacaron que “a mellor versión da godello en España está en Valdeorras”. En xeral, encontráronse “con viños moi regulares, con moi boa constancia e con esa potencia en boca que lles caracteriza”.
En canto aos tintos, os técnicos comentaron que “a súa calidade é algo máis baixa, con respecto aos brancos”. A través do traballo de cata, deduciron que “se invirte máis en madeira para os brancos porque se aposta máis pola uva autóctona”. Destacan “o tono máis herbal” das variedades tintas, “máis rústico, tamén interesante”.
Potencial de envellecemento
O equipo de cata da Guía Peñín destacou hoxe “o potencial de envellecemento da uva godello”. Un resultado que descubriron grazas a que “nos presentaron algunha añada máis vella e efectivamente comprobamos que a godello é unha variedade que gaña en canto lle das un ano máis”. É por elo que, os representantes da reputada publicación, aproveitaron a ocasión para alentar aos productores “a que sigan realizando esta aposta polo godello” e que “garden un pouco os viños para sacarlos con máis edade”, algo que calificaron de positivo para “seguir dándolle máis prestixio a esta maravillosa uva que se recuperou”.
“Máis aló de que o viño godello estea de moda, para nós é sempre importante descubrir cales son as uvas que merecen a pena”. Así resumiron a súa experiencia de cata na sede do Consello Regulador. “A godello gañou en complexidade e que se integre todo tan ben en boca, é unha alegría”.