DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O equipo de fútbol sala feminino, Rúa-Valdeorras CF, protagoniza o número de febreiro de O Sil Deportivo

O xornal deportivo vai no interior do número de febreiro do Periódico O Sil, á venda en quioscos e librarías

Portada do número de febreiro de O Sil Deportivo.

 

Hai doce anos, da ilusión dun grupo de mozas apaixoadas do deporte e máis concretamente do fútbol, nacía un proxecto de referencia na comarca de valdeorras: un equipo feminino que demostrou que o fútbol non só é cousa de homes. Primeiro foi C.D. Rúa feminino con nenas só da Rúa xogando ao fútbol 11, despois pasarían a chamarse Rúa-Valdeorras C.F. incorporando xogadoras doutros puntos da comarca e incluso Quiroga, e finalmente cambiaba o céspede polo parqué, pasando a competir en fútbol sala. Foron moitos cambios e moitos momentos difíciles que acabaron superando.

A este equipo de fútbol sala feminino que compite na primeira autonómica sénior (Ourense), adicamos o tema de portada deste número de O Sil Deportivo, facendo un percorrido pola súa traxectoria da man da campitana, Sabela Pérez Soria, unha das tres xogadoras que quedan do proxecto inicial.

Neste número de febreiro tamén incluímos unha entrevista co adestrador do CD Arenteiro, Fran Justo e outra co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen aborda a próxima celebración do nacional de 10 km en ruta que se celebrará no Barco de Valdeorras. E todo, sen esquecernos doutros deportes como a natación, o motor, o karate ou o baloncesto, entre outros.

Este monográfico deportivo pode atoparse no interior do número de febreiro do Periódico O Sil, á venda en quioscos e librarías.

 

Artigos relacionados

Back to top button