DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O equipo feminino de fútbol sala e o de veteranos da Rúa xogan por unha boa causa

 

Seguindo un costume de hai xa uns anos, o equipo feminino de fútbol sala de Valdeorras e o de veteranos da Rúa xogaban en pleno Nadal por unha boa causa.

Así, na tarde do venres 27 de decembro as rapazas do Rúa Valdeorras Futsal e os veteranos do CD Rúa disputaban un partido de fútbol sala solidario no pavillón municipal Vitorino Núñez que vencían os homes 5-10.

Unha tarde solidaria de deporte na que se recollían alimentos non perecedoiros en favor de Cáritas.

Fotos: Rúa Valdeorras FSF.

Artigos relacionados

Back to top button